- grandr (dispoñible nos repositorios Ubuntu),
- ARandR (moi sinxelo e eficaz),
- gnome-randr-applet (un engadido opcional que podes pór nun panel),
- PyRandR (semella que con desenvolvemento paralizado desde 2006),
- un mellorable displayconfig-gtk de Ubuntu (o seu autor advirte que o Xrandr da erros con algún hardware… porén, creo que segue sendo inestable a propia interface e pouco intuitivo)
- e mailo URandR (interface python, aínda moi pouco desenvolvida, versión alpha).
xrandr, traballando con dous monitores (parte 2)
Meses atrás escribira un artigo contando a configuración que fixera para traballar con dous monitores á vez. Ata hoxe foime fantástico, sempre rulou e nunca trabucou. Porén, a raíz dun comentario reclamando unha interface gráfica e comprobando que o amigo Claudio xa emprega unha, decidín retomar a cuestión e facer unha pesquisa máis en profundidade.
Atopei un execelente documento wiki e outro de Debian así como unhas cantas aplicacións gráficas: