Solucionando erro da miña conta en jabber.org (IM)
Non, non fun eu quen o arranxou senón un dos responsables de Jabber!
A historia foi tal que así:
Dende hai anos uso a conta de jabber (protocolo estándar abierto XMPP) para mensaxería e os clientes para a mensaxería foron varios: kopete, gaim, pidgin, gajim… mais, dun tempo a esta parte, o Pidign amosábame un “Erro de análise XML“. Que será? Probei de todo! E nada, sen resultado, sempre a mesma mensaxe de “Erro de análise XML“.
Fun á páxina de preguntas frecuentes e seguín a vía dun posible erro ao trocar o meu contrasinal, a última pista que posuía de cando me funcionaba ben a conta. Seguín as intrucións (semellan un chisco paranoicas) e agardei en balde un dias.
Hoxe decidín pesquisar outro pouco máis ata atopar esta resposta perdida nunha longa páxina HTML. Alí amosa un novo enderezo da mesma persoa: Peter Saint-André. Mándolle unha copia da mensaxe que lle enviara tempo atrás e… voilá! Intres despois foron unha secuencia de mensaxes que remataron co arranxo do meu problema.
Xa me pasara tempo atrás (2001?) o mesmo cun módem PCMCIA que non tiña controlador en Linux 2.2x.. Daquela atopei o desenvolvedor de PCMCIA en Sourceforge, David Hinds, e dez dias despois desenvolveu un controlador para min e outros co mesmo chip e problema. Só colaborei enviando as saídas de comandos que el mesmo ía pedindo.
Imaxinas se tivera que agardar a que Hasefroch dera resposta aos problemas de virus, drivers… directamente?
O preto que temos aos ‘gurús‘ do SwL é unha vantaxe abraiante! Son varios os exemplos que ao longo dos anos un vai acumulando, incluíndo, como non!, ao propio RMS