Redes sociais, Sw privativo… un debate calquera
Esta é unha réplica dun construtivo debate que mantiven onte con +Fran Diéguez no meu perfil de Google+ a raíz da versión en galego do post Non uso Android senón LeeDroiD. Neste debate tamén entraron +Carlos Ces e +Tonio Castro.
Fran: O concepto de LibreAndroid xa existe e é precisamente no que se basean case tódalas ROM. O proxecto chámase AOSP (Android Open Source Project) mantido pola Google.
Digo case tódalas ROM porque hai algunhas que modifican as dos fabricantes e esas levan capas privativas (HTC Sense, Samsung TouchWise…)
Brenlla: Si, Fran, sabemos. Acontece que logo enchemos de apps privativas. Por exemplo, desexaría ter un bo navegador GPS con OpenStreetMaps, un gwibber para redes sociais, navegadores, editores, xestores de arquivo… toda esa capa libre.
Hoxe metemos calquera cousa, case sempre privativa, tanto que se instalan apps como WhatsApp que nos espían literalmente coas case que 30 autorizacións que lle otorgamos. En fin, só é un desexo en voz alta.
Fran: O paradoxico é que protestamos polo roubo de privacidade por parte de WhatsApp e empregamos redes sociais como esta.
Imos ter que deixar a tecnoloxía.
Brenlla: Fran, máis ben ao revés. Nas redes eu decido cada vez o que escribo ou deixo visible da miña parte pública. En WhatsApp a maioría acepta unha licenza sen ler e logo está xeolocalizado, coa súa axenda completa copiada, deixando permisos de lectura e escrita completa do teu dispositivo… Poucas apps collen tantos permisos como Whatsapp ou Viber. Nota: compróbao na lapela «Permisos» das ligazóns.