Probando Ubuntu 10.04 LTS Beta 1
Estas vacacións de Semana Santa estiven un ratiño probando a versión Beta 1 da próxima Ubuntu 10.04 LTS "Lucid Lynx".
Gostoume a nova versión do Cliente de microblogging Gwibber, moito máis útil e pulido que a da actual Ubuntu 9.10. Admite, entre outros, Flickr, Twitter e Facebook.
Unha cousa que non me gostou nada é a de levar as iconas de minimización, maximización e peche de ventás de Gnome á esquerda, cando levan "toda a vida" á dereita. Penso que é moi mala idea, pois a imensa maioría de usuarios están acostumados a velas á dereita. Como moito, que as deixen á dereita por omisión, e que dean a posibilidade de poñelas á esquerda a través do habitual Sistema -> Preferencias -> Apariencia.
Mentres non o fagan, podes poñelas á dereita executando nun terminal:
gconftool-2 --set "/apps/metacity/general/button_layout" --type string "menu:minimize,maximize,close"
Se as queres á esquerda de novo, abonda con facer:
gconftool-2 --set "/apps/metacity/general/button_layout" --type string "minimize,maximize,close"
Alternativamente (xeito gráfico), podes executar, nun terminal:
gconf-editor
Alí, vai a apps -> metacity -> general -> button_layout
e pon menu:minimize,maximize,close (no caso de que queiras as iconas á dereita).
Os ':' indican que o que hai antes deles vai á esquerda, e o que hai despois á dereita. A parte de 'menu', 'minimize', 'maximize' e 'close' temos tamén 'spacer', que nos permite poñer un espazo adicional entre botóns. Exemplo: menu:minimize,maximize,spacer,close