Lanzamento da distro Trisquel 3.5 Awen
Trisquel GNU/Linux 3.5, nome en clave Awen está lista. Esta nova versión baseámola en Ubuntu 9.10, é por suposto totalmente libre, e inclúe máis aplicacións, mellor soporte multimedia, máis traduccións e unha configuración máis rápida. Nesta edición empregamos o sistema de ficheiros Ext4 para a partición raíz, e XFS para a dos usuarios, obtendo un bo equilibrio entre velocidade e usabilidade. Algunhas das novas características máis destacadas son o menor tempo para o arrinque e a función para cifrar o directorio persoal.