Italia apúntase ao Sw Libre
O Ministerio Italiano de Administración Pública e Innovación, xunto coa Sociedade de Enxeñaría Informática Engineering e algunhas universidades italianas, subscribiron un acordo para a creación dun centro público/privado nacional para ofrecer servizos relacionados co software open source.
A finalidade do devandito Centro Italiano de Competencia Open Source é promover e divulgar a utilización de software de código aberto nas institucións públicas e privadas mediante cursos de formación, certificacións e consultoría. O Centro iniciará operacións sendo soportado técnica e cientificamente cos resultados do proxecto QualiPso:
[...] escolas, universidades, municipios, centros de saúde, Pemes [...] os interesados poderán explotar o soporte, as competencias e a formación provista polo Centro para entender, personalizar e adaptar a paradigma Open Source ás súas necesidades.
O Centro ofrecerá catro servizos específicos en relación co Open Source:
1. Asesoramento e soporte técnico para a xestión de FLOSS.
2. Medición da calidade do software, baseado en estándares como o CMMI.
3. Formación de recursos humanos con cursos en liña ou presenciais.
4. Difusión do FOSS e da importancia da súa adopción.
O que goberno italiano está a consolidar -e por fomentar- coa creación do seu Centro de Competencia Open Source é a adopción de estándares públicos e abertos, así como prácticas máis transparentes para a administración pública. E aínda que a iniciativa non é a primeira do seu tipo -Brasil ten moito camiño andado-, si é un exemplo de gobernanza que, non teño dúbida, outros países deben comezar a imitar.