Estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española
vén de rematar e deixar para a súa descarga o estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española dos dereitos de autor e outras licenzas Opensource. É unha nova versión que actualiza a feita en xuño de 2007.
No ano 2006 xa publicaran unha primeira versión sobre a GPL 2 que actualizamos en decembro dese mesmo ano con motivo das modificacións introducidas na Lei de Propiedade Intelectual española. A versión sobre a GPL v2 podédela descargar nesta ligazón.
Ademais do estudo referido á versión 3 da GPL, nesta ocasión, o informe inclúe a partires da páxina 39 un resumo doutro tipo de licenzas opensource para que poidan verse as diferenzas e similitudes entre todas e ver as compatibilidades e incompatibilidades. Entre estas están as MPL, BSD, Affero, Apache, CCDL, etc.