É lexítimo favorecer ao Sw Libre

Era máis que evidente pero houbo quen o quixo obviar para dobregarse ás absurdas (pero eficaces) razóns esgrimidas por unha mutinacional a prol da suposta Neutralidade Tecnolóxica que debe presidir a administración pública.Agora queda claro, e ben claro: a Corte Constitucional italiana considera lexítimo favorecer ao Sw Libre. Noutras verbas, é legal e xusto favorecer ao SwL. Pero non abondará, e imos comprobalo. Dirán que iso aconteceu en Italia e non é de aplicación noutros países por moito que o sentido común, Constitucións e os Dereitos Humanos ratifiquen o alí sentenciado. A multinacional preparará outro arsenal de razóns para que sirvan de excusas a cobardes e aquí seguiremos igual. Nin siquera valerá que a propia Administración Pública o recomende co recente documento "10 razones para que la Administración libere software". Aquí seguiremos igual ou case. Queda claro que a Historia escribímola entre todos pero só merecen o noso agradecimento e admiración unhas cantas persoas, todas elas valentes. Pero, a parte do sinalado, por que a administración ten que ser neutral na tecnoloxía? O é na sanidade, sistema de xubilacións, carreteras, educación...? O Constitucional italiano asevera que o SwL até propicia unha liberdade de competencia real.