(Escrito por:Veríssimo). Diario Oficial de Galicia do luns trinta de abril no que se publica resolución do 2 de abril de 2007 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo no exercicio 2007.
O contrato administrativo do que se publica a resolución xa era ben clarificador xa que o seu nome "Subministración de licenzas de Microsoft" o deixaba todo ben clariño.
Pero non han ser todo malas novas, do orzamento base de licitación: un millón catrocentos setenta e nove mil euros (1.479.000 E) IVE incluído, distribuído nas seguintes anualidades:
Ano 2007: 493.000 E, IVE incluído.
Ano 2008: 493.000 E, IVE incluído.
Ano 2009: 493.000 E. IVE incluído.
O adxudicatario Informática el Corte Inglés gañou a poxa cunha oferta por 1.452.500 E, distribuida nas seguintes anualidades.
Ano 2007: 484.166,66 E, IVE incluído.
Ano 2008: 484.166,67 E, IVE incluído.
Ano 2009: 484.166,67 E, IVE incluído.
O que supón unha minoración de 26.500 E así que debemos estar ben contentos/as e agradecidos/as ao Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.
A fonte: un correeo de Alonso, grazas.












Comentarios recentes
hai 8 semanas 4 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 13 semanas 7 horas