Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Linux: o sistema operativo preferido en Hollywood


(Escrito por:Veríssimo). Na actualidade Linux concentra o 95% dos servidores na capital do cine, onde case todas as grandes producións de animación son creadas con software Linux.

Pentaho

Ata Disney/Pixar, compañía que ten estreitos lazos con Apple e Steve Jobs, aposta por unha plataforma totalmente distinta a Mac VOS.


A razón principal das preferencias por Linux radica no factor económico, sumado á rapidez e estabilidade de Linux. Mac e outros sistemas de empresas transnacionais (p.e. Hasecorp) son usados de preferencia en situacións onde se traballa a menor escala.


Na gran maioría dos demais esquemas de produción cinematográfica prefírese o software de código aberto. "Linux é mellor, máis rápido e máis barato. Nos grandes estudos cinematográficos, con miles de servidores e estacións de traballo, a economía e eficiencia masiva son factores crave".




O sitio Linux Movies resume a situación deste xeito: "Na capital do cine, os evanxelistas de Linux xa non teñen a quen converter á súa fe".


A publicación agrega que aínda que Linux é "o rei da industria cinematográfica", o mesmo non ocorre na televisión, onde as necesidades de poder de cálculo son moito máis modestas.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal