Durante varios anos a fábrica de automóbiles Audi AG, subsidiaria do grupo Volkswagen, estivo migrando persistentemente os seus sistemas cara GNU/Linux. De feito, a empresa confía rematar esta tarefa neste ano 2007 para ter o 100% do volume total de servidores e até as súas estacións de traballo executando a versión de 64 bits do sistema operativo libre.
Recentemente Audi, seguindo a súa política de Progreso a través da tecnoloxía, actualizou a 64-bits os seus servidores CAE (Computer-Aided Engineering) onde as simulacións de compoñentes, choques e deseños, entre outras, supuxeron un gran avance en rendemento.

Estes son algúns comentarios dun interlocutor de Audi:
2003 e 2004 viron a explosión no uso de sistemas x86 con Linux. Agora estes sistemas están a ser trocados por outros baseados en sistemas x86_64.
(...)
En ámbolos dous lados, servidores e estacións de traballo, estamos a movernos cara un contorno 100% Linux de 64-bits.
(...)
Audi xa empregou en 2001 un cluster de servidores Linux.
(...)
Asemade, Linux trae varias vantaxes. O crecemento da competición entre os vendedores de hardware fai aforrar custes e, a través da redución no número de sistemas en uso, os custes operacionais tamén foron reducidos.
Audi tamén emprega Sw Libre para o seu Audi WebCenter, unha intranet que hospeda as aplicacións baseadas en web da compañía.












Comentarios recentes
hai 8 semanas 4 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 13 semanas 7 horas