Pregunta: Cal é o obxectivo principal de AGNIX?
Resposta: Difundir a filosofía do Software Libre entre o pobo. Para iso, un feito importante foi realizar no seu dia unha variante dunha distribución GNU/Linux doada de ser usada e traducida ao galego grazas ao voluntariado galego. Tamén traballamos a cotío poñendo novas nesta web, facendo documentacións, axudando nos foros, etc.
P: Como se chama a distribución ?
R: Chámase GNIX Refírese a G de galega, GN de GNU, licenza libre, e IX relativo a tódolos UNIXs libres, xa sexan BSD, Linux, Hurd, etc.
P: Onde se pode descargar?
R: Tivemos versións de GNIX desde o 2003. Agora as facemos ocasionalmente para repartila en eventos.
P: Con que fondos conta AGNIX ?
R: Non temos fondos propios! Todo o que temos só son aportacións dos asociaciados, axudas oficiais, cando as hai, e moito esforzo colectivo.












Comentarios recentes
hai 9 semanas 18 horas
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 10 semanas 9 horas
hai 10 semanas 5 días
hai 11 semanas 17 horas
hai 13 semanas 3 días