Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

A vindeira GPL e os mísiles


A FSF (Free Software Foundation) e o SFLC (Freedom Law Center) veñen de publicar o pasado 30 de novembro un documento (PDF) que especifica o proceso emailas directrices para a terceira revisión da GNU GPL (GNU General Public Licence), a primeira en máis de 15 anos. A GNU GPL responde hoxe de preto do 75% da distribuicións de licenzas de Software Livre no mundo.


{mosimage}


De acordo con Richard Stallman, fundador da FSF, a vindeira versión da GNU GPL debe ter en conta a necesidade de protexer a liberdade segundo as atuais condicións técnicas e sociais e "vai prever novas formas de uso e requisitos globais para usuarios comerciais e non comerciais".



Pregunteille directamente a Stallman sobre a súa opinión ao redor do emprego da GPL en fins bélicos, como o sinalado nesta nova dos mísiles con GNU/Linux. A súa resposta foi ...


... textualmente esta:



A miña pregunta:

Are you going to take any action on new GPL against the use of free software in military cases?



Stallman:


Certainly not. Free software means people are free to use it for any purpose; licenses which forbid certain uses are not free software licenses.



The specific example you picked, missile defense, is something which I dont consider bad (supposing it works, rather than just wasting money).



Tradución:



Vas tomar algunha medida na nova GPL contra o emprego de Software Libre en temas militares?



Seguro que non. O Software Libre significa que a xente é libre de usalo para calquera propósito; as licenzas que impiden certos usos non son licenzas de Software Libre.



O exemplo específico que me ofreces, a defensa con mísiles, é algo que non considero malo (supoñendo que funcione e que non sexa só malgastar os cartos).




Se queres colaborar na elaboración da GPL rexístarte aquí.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal