Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Bill Gates quere entrevista con Lula da Silva !


Hai pouco que a Microsoft querellábase con Sérgio Amadeu, presidente do ITI (Instituto Nacional de Tecnologia da Informação) brasileiro, un dos maiores promotores do Software Libre e representante do goberno de Lula.







Agora, o mesmísimo Bill Gates quere manter unha entrevista com Lula da Silva, presidente do Brasil, durante o Foro Económico Mundial que comezará a vindeira semana en Davos (Suiza).




"O Brasil non gañaria nada com iso (a xuntanza con Gates), mais a Microsoft si", dixo Sérgio Amadeu. "Eles queren ...

... empurrar a Lula noutra dirección
."

Neste ano, Brasil tentará facer que os consumidores privados muden do Windows tamém, ao lanzar um programa de compra de 1 millón de computadoras "populares" que virán co GNU/Linux, encamiñado ás famílias de clase media baixa.

No ano pasado, Microsoft querellouse con Amadeu por dicir que a empresa era como un traficante de drogas que dá mostras gratis para que as persoas se vícien e depois comeza a cobrar polo produto. Desistiu do proceso depois de que Amadeu dixera que só estaba repetindo o que lera en libros de economía. Ao mudar do confronto para a conciliación, Microsoft recoñece a posición do Brasil na "élite dixital" do mundo.




Todo isto está provocando unha morea de novas nos medios dixitais e comentarios nos blogs dese país.




Le máis, por exemplo, en Software Livre ou aquí ...

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal