SubDownloader é un programa que nos permite descargar de xeito automático subtítulos en diferentes idiomas para series, películas e videos en xeral. Ten unha interfaz moi sinxela e está dispoñible en varios idiomas. Permítenos seleccionar o idioma no que queremos os subtítulos, e non ten moito máis que configurar, o resto faino de xeito automático.
Pódese instalar buscando o paquete SubDowonloader no Centro de software de Ubuntu ou directamente por liña de comandos:
sudo apt-get install subdownloader
É un programa realmente sinxelo de utilizar, unha vez instalado, o único que deberemos facer é configurar o idioma ou idiomas no que queremos os subtítulos (Configuración -> Configurar SubDownloader) e indicarlle o cartafol onde temos os arquivos de video para os que queremos os subtítulos. Automáticamente conéctase a internet e en poucos segundos amósanos un listado cos subtítulos que atopou. Xa só nos queda premer en descargar para que automáticamente coloque o arquivo do subtítulo no mesmo cartafol onde tiñamos o video. O seguinte paso é ir a ver o video, automáticamente ponlle o mesmo nome que o arquivo de video para que non teñamos que facer nada máis. Acabáronse eses pesados minutos na procura do subtítulo axeitado para a última serie!












Comentarios recentes
hai 8 semanas 4 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 13 semanas 7 horas