Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Guake, terminal desplegable para escritorios Gnome


Terminal desplegable guake

Guake é un emuldador de terminal desplegable (drop-down) para contornas Gnome. É realmente cómoda para accesos rápidos e/ou puntuais á consola de comandos, aparece e desaparece pulsando a telcla de acceso directo F12 -por defecto-. Xa se falou hai un par de anos en AGNIX de tilda, outra aplicación semellante para entornos GTK+ e de yakuake para entornos KDE, aplicacións moi semellantes nas que se basea guake.

Instalalo é tan sinxelo como buscar o paquete guake no Centro de software de Ubuntu e premer doble click para que se instale ou por liña de comandos:

sudo apt-get install guake

Unha vez instalada témola que arrincar manualmente desde Accesorios -> Guake terminal para que estea dispoñible. Para que isto non sexa necesario é recomendable engadila ao listao de programas que se executan automáticamente ao inicio en Sistema-> Preferencias -> Aplicativos de inicio. Engadir un novo programa é moi sinxelo, prememos o botón Engadir e no recadro de comando escribimos o nome do programa, neste caso "guake". Se queremos escribimos tamén un nome e un comentario e finalmente prememos Engadir e Pechar. Con isto xa se executará automáticamente con cada inicio do sistema polo que xa estará dispoñible para o seu uso.

Dispón de varias opcións de configuración así como a opción de ter varias terminais emuladas en distintos separadores. Para modificar a configuración por defecto podemos acceder con botón dereito -> Preferencias. Entre as configuracións dispoñibles atopamos a posibilidade de configurar a transparencia da xanela cando se está a executar, a cor de fondo e do texto, o tamaño da letra, o lugar onde aparece ou as teclas de acceso directo, entre as que se atopa a posibilidade de poñela a pantalla completa premendo F11. Pódense ver máis capturas de pantalla do programa en funcionamento na súa web.

Imaxe collida da wikipedia.

 

Realamente comodo

Realmente comodo traballar con Guake, é incrilbe a inmensa cantidade de programas replicados que hai en gnu-linux, a unión de todos crearia ferramentas realmente potentes e innovadoras, pero seria moi díficil poñer a todo o mundo de acordo, lástima.

Boa entrada!


AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal