Hai un tempo red.es en colaboración con tractis regalou lectores de DNI electrónico a todo aquel que o solicitou desde a súa web. Agora mesmo xa rematou o periodo de solicitude pero na súa web habilitaron un espacio para apuntarse a futuros repartos de lectores de DNI electrónicos.
Unha vez que xa tenemos o lector, existe abundante documentación na rede para poder instalar o lector en GNU/Linux e máis concretamente en Ubuntu. Para instalalo podemos comezar visitando a páxina web oficial do Ministerio (dnielectronico.es) desde onde podemos descargar os paquetes necesarios que precisamos instalar e a documentación explicando como facelo. Tamén atopamos un par de manuáis nos propios foros de ubuntu ou en ubuntualizando el planeta. Eu vou facer a miña propia guía de instalación que coincide case ao 100% coas anteriores:
Os pasos a seguir para instalalo en calquera sistema Ubuntu son os seguintes:
- Comenzaremos por instalar algúns paquetes necesarios desde os repositorios. Abrimos synaptic, buscamos os seguintes paquetes, marcámolos todos e aplicamos para que se instalen:
libccid libpcsclite1 pcscd libopensc2 pinentry-gtk2 opensc mozilla-opensc pcsc-tools
ou tamén o podemos facer por liña de comandos:
sudo apt-get install libccid libpcsclite1 pcscd libopensc2 pinentry-gtk2 opensc mozilla-opensc pcsc-tools
Nota: recorda que facendo click coa roda do rato na consola de comandos pégase o texto previamente copiado no portapapeis. - Se nos apetece, na consola podemos executar o seguinte comando para comprobar que recoñece o noso lector despois de instalar os paquetes necesarios para que así sexa:
pcsc_scan
Se todo é correcto debería amosar algo parecido ao seguinte:
PC/SC device scannerV 1.4.15 (c) 2001-2009, Ludovic Rousseau
Compiled with PC/SC lite version: 1.4.102
Scanning present readers...
0: SCM SCR 3310 00 00Mon Nov 23 12:07:51 2009
Reader 0: SCM SCR 3310 00 00
Card state: Card removed,
- O seguinte punto é descargar o software específico para que funcione o DNI electrónico. Descárgase desde a páxina dnielectronico.es na sección descargas: dnielectronico.es/descargas, máis concretamente desde a sección de descargas para Ubuntu. Alí daranos a opción de elexir 32 ou 64 bits segundo a arquitectura do noso equipo ou a versión da distribución que teñamos instalada. Se non sabes cal é a versión do teu sistema operativo executa o seguinte comando:
uname -a
Salirá algo parecido ao seguinte:
Linux nome-equipo 2.6.31-14-generic #48-Ubuntu SMP Fri Oct 16 14:05:01 UTC 2009 x86_64 GNU/Linux
Se ao final desta liña vemos x86_64 elexiremos a versión de 64 bits, se non a outra. Dentro de cada unha das versións haberá software para distintas distribucións, buscamos a nosa. Para Ubuntu karmic koala aínda non puxeron o software actualizado pero funciona perfectamente coa versión para Ubuntu Jaunty Jackalope polo que elexiremos esta e descargamos o arquivo que remata en tar, por exemplo:
Ubuntu_Jaunty_opensc-dnie_1.4.6-2_amd64.deb.tar
- O seguinte paso é descomprimir e instalar os ficheiros obtidos. Podemos descomprimilos simplemente con botón derito -> "Extraer aquí" ou por liña de comandos:
tar xvf Ubuntu_Jaunty_opensc-dnie_1.4.6-2_amd64.deb.tar
Despois procedemos a instalar cada un dos paquetes que se descomprimiron con un simple doble click, pero a min este punto deume erro porque nos repositorios hai paquetes máis actualizados que os que intentamos instalar, neste caso a solución máis sinxela é instalalos vía liña de comandos. Colocámonos no cartafol onde están os arquivos e executamos:
sudo dpkg -i libopensc2_0.11.7-7_amd64.deb opensc_0.11.7-7_amd64.deb opensc-dnie_1.4.6-2_amd64.deb - Agora xa só queda instalar a librería e certificados precisos para Firefox. Imos a Aplicacións -> Ofimática -> Rexistrar módulo DNIe PKCS#11 e aceptamos a instalación dos tres certificados cando Firefox nos pregunte.
- Para rematar, en Firefox, imos a Editar -> Preferencias -> Avanzado -> Dispositivos de
seguranza e pulsamos en cargar. Abrirásenos unha nova xanela e onde pon nome poñemos "DNIe PKCS#11", despois pulsamos en "Explorar..." e dirixímonos a /usr/lib/opensc-pkcs11.so pulsamos aceptar e listo. - Por último, como instalamos uns paquetes obsoletos con respecto aos xa existentes nos repositorios, para evitar que se actualicen automáticamente no futuro, executamos na liña de comandos o seguinte:
sudo echo -e "opensc hold\nlibopensc2 hold" | sudo dpkg --set-selections
Esto último é preciso porque o DNI electrónico non é compatible coas versións máis actualizadas de opensc. - Finalmente, reiniciamos o Firefox e só temos que comprobar que o noso lector de DNI electrónico está ben instalado e configurado, esto pódese facer nesta páxina creada a tal efecto: verificar DNIe (enlace ao fondo da web). Pediranos o noso contrasinal para o DNI electrónico, introducímolo e aceptamos os certificados de seguridade que nos pide. Se todo foi ben deberiamos estar vendo algúns datos persoais que están gardados no chip do DNI.
- E se queremos comprobar que o DNI funciona tamén noutras webs, na páxina oficial do DNI electrónico podemos encontrar un listado de sitios que xa teñen implementada esta tecnoloxía.












Moi útil, graciñas!
Moi útil, graciñas!
Parabéns Víctor!
Moi detallado e práctico artigo. Heino empregar axiña, obrigado!
Roberto
Parabéns Víctor!
O mesmo digo. Espero desta volta ter sorte. Eu teño un LTC 31, e o ano pasado non o puiden poñer a funcionar. A ver se agora vai...