Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Microsoft "pirateando"!!


Microsoft, a propietaria do sistema operativo Windows, suspendeu indefinidamente o servizo de micro-blogging Juku, despois de admitir que o seu código fonte foi copiado do seu rival Plurk.

Un fornecedor contratado para traballar co xigante do software de Redmond foi acusado de copiar o código fonte dun servizo dun dos seus rivais canadenses, a empresa emerxente Plurk, na creación de MSN Juku. fálase de que o 80% do código foi "roubado directamente". Microsoft xa pediu desculpas a Plurk, argumentando que "nós estamos obviamente moi decepcionados, mais asumimos a responsabilidade por esta situación." O MSN Juku fora lanzado na China en Novembro.

Conforme informa a BBC, foron os propios blogueiros de Taiwán e os usuarios do servizo Plurk quen primeiro alertaron á empresa canadense do feito de que unha gran cantidade de código fonte parecía ter sido roubado. A resposta de Plurk fala de sorpresa e indignación. "Non podiamos crer que o estabamos a ver cos nosos propios ollos. Microsoft en China baseouse directamente no noso servizo", dixo. "É un roubo a man armada".

Son estes aos que se lles enche o papo ao falar de respecto ao seu copyright, incluso ata o punto de pretender ensinar aos adolescentes a respectar a propiedade intelectual, pois din que non a entenden? Vai seguir dicindo Microsoft que Linux non respecta a propiedade intelectual (levamos esperando que nos sinale as liñas de código que a infrinxen), ata o punto de chegar a acordos con empresas que desenvolven Sw Libre para (pretender) blindalas ante posible demandas?

Nova vista en Publico.es

A nota da empresa Plurk na súa web.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal