Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Acusan a Andalucía de "comunidade con máis piratería"


Lois enviou esta ligazón da que tes este extracto.

"Andalucía é a comunidade con máis piratería informática, co 60 por cento" é o título da nova orixinal.

Alarmante e falso título non fai máis que dar idea do contido da
noticia, referente a un "teórico" estudo da Business Software Alliance
(BSA). E por se existise algunha dúbida, remátao co seguinte subtitular:

"Andalucía, co 60%, é a comunidade española co índice máis alto de
piratería informática, 17 puntos por encima da media española e case o
dobre da europea (33%), segundo un estudo da empresa Business Software
Alliance (BSA)
".

con datos erróneos e cargado de incultura, falacias e declaracións dun
analfabeto tecnolóxico, curiosamente cando este señor, Luis Froitos,
presidente da BSA fala de falta de cultura: "O problema é cultural"
demostra coas súas afirmacións un completo descoñecemento do sector da
innovación tecnolóxica e o software libre, das dúas comunidades que
máis apostaron polo software libre e chega ata a realizar afirmacións
bastante fortes como:

"O uso de programas informáticos gratuítos, como Linux, é unha vía de
entrada para a piratería, polo que pediu ás administracións que
aumenten os controis cando se use software gratuíto
".

Atribuír a piratería ao uso de sistemas operativos libres e abertos,
que non gratuítos, que apostan pola cooperación, a creación de tecido
empresarial TIC, unha sociedade máis formada e democrática... é cando
menos unha barbarie, pero aínda é máis triste ver que esas desatinadas
declaracións veñen por parte do presidente da BSA, un dos lobbies que
representa ás empresas do sector do software privativo
, e que non fai
máis que demostrar o que estas empresas apostan pola innovación en
España.

Paga a pena ler o resto do artigo arremetendo ao orixinal.

 

Insultos

Aconséllase non "meterse" cos do sw privativo pero con insultos coma estes é ben difícil. Piratas son, por exemplo, os somalíes que tanto aparecen estes dias nos medios.

O que segue é un exercizo de incultura (non comprende que é e que implica o Sw Libre), de mercenario do sw privativo (está ben pagado para que lles defenda), ou unha combinación de ambas.

asennadas

Somalia

Por certo: ¿Non vos pasou a todos vos o de despistaros ao escoitar o de "España, Francia, EEUU e outros países únense para combater a piratería"? O primeiro que pensas é que falan da falsa piratería, mais a renglón seguido ves que están a falar de piratas somalís, de piratas reais. Pásame tódolos días.


AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal