Como sempre acontece con cada nova versión da famosa distribución de Ubuntu, aparecen páxinas que axudan a instalar paquetes interesantes que non se instalan coa versión oficial.
Deixo aquí as ligazóns a dúas destas páxinas:
|
|
|
|
|
||
Procurarnovas destacadas de brenlla |
Instalando paquetes extras en Ubuntu 10.04Enviado por eniac en Mar, 04/05/2010 - 01:49.
Como sempre acontece con cada nova versión da famosa distribución de Ubuntu, aparecen páxinas que axudan a instalar paquetes interesantes que non se instalan coa versión oficial. Deixo aquí as ligazóns a dúas destas páxinas: Ubuntu 10.04 -is here!!-Enviado por tonio en Ven, 30/04/2010 - 10:26.
Xa podes descargar a flamante e nova versión de Ubuntu, neste caso a denominada 10.04 LTS tamén coñecida como Lucid Lynx. Para descargar a versión de escritorio podes facelo dende aquí (web oficial de Ubuntu), podendo escoller entre 32bits e 64bits. Así mesmo podes descargar a vesión para notebooks denomidada Netbook Edition para descargala podes facelo dende aquí. Italia apúntase ao Sw LibreEnviado por tonio en Xov, 22/04/2010 - 10:04.
O Ministerio Italiano de Administración Pública e Innovación, xunto coa Sociedade de Enxeñaría Informática Engineering e algunhas universidades italianas, subscribiron un acordo para a creación dun centro público/privado nacional para ofrecer servizos relacionados co software open source. Desafío AbreDatos 2010Enviado por tonio en Mar, 20/04/2010 - 09:26.
O Desafío AbreDatos 2010 é un concurso de 48 horas para o desenvolvemento exprés de servizos tecnolóxicos ao cidadán baseados no uso de datos públicos. O concurso tivo lugar o fin de semana do 17 e 18 de abril. Os participantes tiveron que desenvolver as súas aplicacións desde cero, organizados en equipos de máximo 4 persoas. Selo de Calidade "Sw Libre Verde"Enviado por Anónimo en Lun, 19/04/2010 - 15:13.
En setembro de 2007 escribín un artigo titulado "Sw Libre verde?" que daba comezo así: Xornada sobre SwL para profesionais e empresas TICEnviado por asennadas en Ven, 16/04/2010 - 19:48.
O día 6 de maio, en xornada de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada de achegamento ao Software Libre para profesionais e empresas TIC. Xornada sobre SwL para profesionais e empresas TICEnviado por Anónimo en Ven, 16/04/2010 - 12:20.
O día 6 de maio, en xornada de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada de achegamento ao Software Libre para profesionais e empresas TIC. A Universidade venezolana Simón Bolívar ofece un curso de Software LibreEnviado por tonio en Xov, 15/04/2010 - 09:39.
O curso en Software Libre busca motivar aos seus participantes na creación de Comunidades de Desenvolvemento que fomenten o desenvolvemento de Sistemas de Información Libres en Venezuela. Sobre os obxectivos do curso, Kenyer Domínguez, profesor do Departamento de Procesos e Sistemas da USB e Coordinador do curso, comentou: "O curso de Software Libre foi desenvolvido co fin de proporcionar un amplo coñecemento da filosofía, tecnoloxía e conceptos fundamentais do Software Libre, permitindo incorporar este modelo de negocio dentro das organizacións e empresas. HTML5 -Comparando navegadores-Enviado por tonio en Mér, 14/04/2010 - 10:06.
Grazas a un enlace deixado por Amador Loureiro puiden acceder a seguinte web: http://html5test.com/ a cal fai un análise sobre as capacidades do navegador web que estas a usar nese intre para a xestión dos novos elementos que introduce a versión 5 de HTML. Probando Ubuntu 10.04 LTS Beta 1Enviado por eniac en Mér, 07/04/2010 - 00:46.
Estas vacacións de Semana Santa estiven un ratiño probando a versión Beta 1 da próxima Ubuntu 10.04 LTS "Lucid Lynx". |
AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados. AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor. |
| A maquinaria é Drupal |
Comentarios recentes
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 2 días
hai 11 semanas 1 día
hai 11 semanas 3 días
hai 13 semanas 6 días