Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Contorna para UML Gaphor


En enxeñeria de software, UML (Unified Modeling Language, Linguaxe Unificada de Modelado) é unha linguaxe de especificacion e de modelado de obxectos. É un estándar aberto. Nembargantes, o uso de UML non se restrinxe a modelado de obxectos, pode usarse para para modelado de procesos de negocio (business process) e modelado de organizacions, incluso para modelado hardware. Tes máis información aquí.

Gaphor é unha contorna para modelo UML. Podes crear diagramas UML para documentacións coas que apoiar a toma de decisións. Gaphor ten licenza GPL, emprega GTK+ e traballa en calquera Unix (Linux, FreeBSD, Mac OS X, etc.) e até en Window$.

Gaphor UML

Por que outra ferramenta para UML? No sitio de Gaphor comentan que cando comezaron este proxecto non había ningunha ferramenta de calidade e daí ata hoxe estiveron enfocados na procura dunha ferramenta de alta calidade.

Tes pantallas desta aplicación e a súa zona de descargas.

Outras aplicacións para cubrir este obxectivo poden ser Umbrello UML Modeller ou Dia.

 

Responder


AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal