AutoScan é unha aplicación deseñada para explorar e xestionar a redes. Pódense escanear subredes completas, de xeito simultáneo e sen necesidade de intervención humana.
O obxectivo da aplicación de licenza GPL é a listaxe de todo equipo conectado á rede. Entre as súas características destacan:
- Cliente Telnet e Nessus
- Escanea redes de xeito automático
- Ancho de banda extremadamente baixo
- Alerta de intrusións (se a activas, os novos equipos atopados consideraranse como intrusos)
- Navegador Samba (Detecta recursos compartidos agochados)

- Detecta o sistema operativo
- Pode gardar o estado da rede nun arquivo XML
- Multi-Sitio
- Monitorización de equipos (router, servidor, firewall...)
- Monitorización de servizos de rede (smtp, http, pop...)
- Non precisa de permisos administrativos
Autoscan dispón de binarios para varias plataformas (window$s, GNU/Linux, Nokia 770) así como código fonte e binarios para Ubuntu.




Comentarios recentes
hai 9 semanas 18 horas
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 10 semanas 9 horas
hai 10 semanas 5 días
hai 11 semanas 16 horas
hai 13 semanas 3 días