DeVeDe é un programa que permite crear vídeo DVDs e CDs, aptos para un reprodutor doméstico, a partir de case que calquera conxunto de arquivos de vídeo, en calquera formato reproducible por MPlayer.
Este proxecto é obra de Sergio Costas raster, socio de GALPon, ao que seguimos dende hai certo tempo. A gran vantaxe sobre outras utilidades é que só depende de Mplayer, Mencoder, DVDAuthor, VCDImager e MKisofs (bo, e de Python 2.4, PyGTK e PyGlade), polo que as súas dependencias son poucas.
Nota para quen emprega Ubuntu Feisty: a versión actual (a 20 de abril de 2007) de Mplayer/Mencoder de Ubuntu Feisty ten un bug e produce un forte ruído no son cando se usa con DeVeDe. Mentres o mantedor do paquete non o soluciona, podes usar o paquete coa versión anterior, dispoñible na sección de descargas.
Baixa o devede-3.0.tar.bz2





Comentarios recentes
hai 9 semanas 19 horas
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 10 semanas 9 horas
hai 10 semanas 5 días
hai 11 semanas 17 horas
hai 13 semanas 3 días