Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Fontes libres para substituír ás fontes privativas de Micro$oft


Hai uns días, dúas compañeiras de traballo viñeron a dicirme que tiñan problemas co OpenOffice. Según dicían, cando editaban un documento dunhas 10 páxinas nun ordenador e o pasaban ao seu (as dúas teñen dous portátiles con Ubuntu Feisty Fawn como sistema operativo), o documento pasaba a ocupar como media páxina menos. A min parecíame rarísimo, pero despois de varias preguntas topei coa resposta: O ordenador no que editaban o texto tiña Window$ como sistema operativo, e o seu editor de textos era o maravilloso Micro$oft Word...



Evito aquí as conseguintes explicacións sobre formatos privativos, prácticas monopolísticas, falta absoluta de espírito de colaboración, etc. En todo caso, ao fío disto, vexo hoxe que Mancomún se fixo eco da liberación das fontes desenvolvidas por Red Hat, con licenza GPL, para substituír ás fontes privativas como Times New Roman, Arial, Courier New, etc.). Se tivesen estas fontes instaladas nos seus portátiles é posible que o problema se solucionase ou mitigase.



As fontes están organizadas en tres conxuntos:



- Liberation Sans (un substituto para Arial, Albany, Helvetica, Nimbus Sans L e Bitstream Vera Sans).

- Liberation Serif (un substituto para Times New Roman, Thorndale, Nimbus Roman e Bitstream Vera Serif)

- Liberation Mono (un substituto para Courier New, Cumberland, Courier, Nimbus Mono L e Bitstream Vera Sans Mono)


Aquí poño as instruccións para instalalas en Ubuntu (estas instruccións deberían probablemente valer para Debian ou calquera derivado desta distro ou de Ubuntu):Abrimos un terminal (Aplicacións -> Accesorios -> Terminal)

Descargamos o paquete coas fontes (no escritorio, por exemplo):



$ cd Desktop

$ wget https://www.redhat.com/f/fonts/liberation-fonts-ttf-2.tar.gz




Creamos un directorio, que chamaremos liberation, en /usr/share/fonts/truetype/ , e movémonos a el:



$ sudo mkdir /usr/share/fonts/truetype/liberation

$ cd /usr/share/fonts/truetype/liberation




Descomprimimos e desempaquetamos o paquete coas fontes (substitúe pepito polo teu nome de inicio de sesión!):



$ sudo tar xvzf /home/pepito/Desktop/liberation-fonts-ttf-2.tar.gz



Asegurámonos de que as fontes pertenzan a root:



$ sudo chown root.root *.ttf



Finalmente, recargamos a caché de fontes:



$ sudo fc-cache



Se todo foi ben, ao abrir OpenOffice, o GIMP ou calquera outro, deberías ver que tes 3 fontes máis que antes:



Liberation Mono

Liberation Sans

e

Liberation Serif



Feliz liberación!



Nota: Segundo din os da empresa Red Hat na súa web, a publicación destas fontes é so unha maneira de dar as grazas a tódolos amigos da comunidade do Software Libre por todo o que fixeron para levarlles ao éxito (This is just one way for Red Hat to say thank you to all our friends in the open source community for all you have done to make us successful).

 

Responder


AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal