(Escrito por:tonio.). O xigante de Internet anunciou oficialmente que vai introducirse no negocio do software para competir de ti a ti con Micro$oft.
Aínda que moitos falaban do verdadeiro obxectivo de Google desde fai anos, a empresa sempre deu evasivas cando se lle preguntaba por este tema.
Con todo, a charla do CEO Eric Schmidt aos accionistas onte tivo unha frase destacada, cun novo lema: "Search, Ads and Apps" ("Procuras, publicidade e aplicacións").
A empresa pretende roubarlle a Micro$oft a carteira no terreo das aplicacións de ofimática, coa vantaxe de que terás todos os datos almacenados offline.
Schmidt díxolle aos usuarios que prefería ter un partner de confianza no que poder dispoñer de toda a información dispoñible en calquera momento e calquera dispositivo.
Con todo, os esforzos de Google neste terreo non afectaron demasiado aos ingresos polo momento.
Un accionista preguntoulle ao CEO e a Larry Page como ían evitar ser coñecidos como "a nova Micro$oft, e non dito en forma de halago".
A resposta de Page foi que Google non era o mesmo tipo de empresa porque todos os seus enxeñeiros usan Linux. "É libre. Podes modificalo ao teu gusto. Está no noso ADN".




Comentarios recentes
hai 9 semanas 18 horas
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 10 semanas 8 horas
hai 10 semanas 5 días
hai 11 semanas 16 horas
hai 13 semanas 3 días