Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Certificacións LPI en TEGNIX


TEGNIX xa é LPI ATP, acrónimo de Linux Professional Institute Approved Training Partner. Como Centro Oficial Asociado impartiremos cada un dos niveis formativos da LPI para que o alumnado poida acadar as súas diferentes certificacións profesionais.

LPI Inc constitúese formalmente como unha organización sen ánimo de lucro en outubro de 1999. LPI é recoñecida en todo o mundo como a primeira organización certificadora, ata o punto que varias empresas especializadas en Software Libre e
Código Aberto basean as súas correspondentes certificacións nas que ofrece a LPI.

TEGNIX está a preparar esta oferta formativa tanto presencial en grupos reducidos como a distancia, con certificacións individuais ou as tres á vez a través dun curso
superior, no centro de formación de Vigo ou con aula móbil, etc.
Primarase sempre os aspectos técnico e práctico para que o alumnado
dispoña dunha sólida formación especializada en Administracións de
Sistemas GNU/Linux.

Polo de agora deixamos aberta esta conta de correo-e para quen desexe máis información ou realizar unha pre-reserva de praza.

Roberto BrenllaLogo tegnix pequeno

 

Responder


AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal