Skype para Linux será de código aberto nalgún momento no futuro próximo.
A nova de que Skype podería abrir o seu código chegou por primeira vez do blogger francés Olivier Faurax, e foi confirmado estes días pasados pola propria Skype.
Nun intercambio de correos-e entre Faurax e o departamento de atención ao cliente de Skype sobre a posibilidade dun apoio de Skype ao xestor de paquetes RPM para a distro Mandriva, Faurax recebeu como resposta: "Estamos contentos de poderlle informar que o Skype será, no futuro próximo, parte da comunidade de código aberto".
No entanto, non poideron dar unha definición máis específica de "futuro próximo", dicindo só: "Aínda que o noso obxectivo é facer que o Skype para Linux teña o código fonte dispoñible para a comunidade nun futuro próximo, non podemos aínda divulgar a data de lanzamento exacta ".
Varias dúbidas:
a) De código aberto non supón que vaia a ser libre.
b) Non se fala nada de liberar o protocolo de comunicación VoIP de Skype.
Veremos...
A fonte orixinal en The Register.




Comentarios recentes
hai 9 semanas 19 horas
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 10 semanas 9 horas
hai 10 semanas 5 días
hai 11 semanas 17 horas
hai 13 semanas 3 días