En poucos días, 6 días para ser exactos, estará dispoñible a versión 9.10 final de Ubuntu, máis coñecida como Karmic Koala.
Actualmente está dispoñible para descarga a versión RC deste sistema operativo.
Entre as novidades máis significativas que poderemos atopar, están as seguintes:
- Novo tema: aínda que isto non é de todo seguro -eu máis ben apostaría por un simple cambio de fondo de escritorio- segue existindo a posibilidade de que en Karmic vexamos un primeiro paso importante cara a ese gran cambio na interfaz visual.
- PulseAudio sen fallos: o polémico sistema de xestión de son de Ubuntu e outras moitas distros podería aparecer por fin nunha versión completamente libre de fallos e que non de conflitos con certas tarxetas e configuracións hardware.
- Firefox 3.5: o novo navegador de Mozilla está ao caer, e Ubuntu 9.10 intégrarao por defecto. Haberá que ver tamén que ocorre con Chrome e si a esas alturas pode converterse nunha alternativa funcional.
- Mellores tempos de arranque: este é un dos esforzos máis importantes que se están realizando no desenvolvemento da próxima versión de Ubuntu, aínda que non sei si lograrán ese obxectivo dun arranque en 10 segundos. Parece complicado, desde logo.
- Ext4 por defecto: o sistema de ficheiros que até a data era unha opción da instalación converterase na elección de serie en Ubuntu 9.10.
- GRUB 2: o novo xestor de arranque permitirá entre outras cousas dar soporte completo a particiones de arranque ext4, pero ademais ofrece maiores opcións visuais e de configuración e control dun sistema con varios SSOO instalados.
- Novo kernel: como mínimo teremos o 2.6.30, pero poida que xusto para a chegada de Ubuntu teñamos connosco o kernel Linux 2.6.31 que entre outras cousas mellorará o soporte KMS.
- Controladores Intel: aínda que xa existe solución para o problema que xurdira cos chipsets gráficos de Intel en Ubuntu -e outras distros-, en Karmic Koala ditas incompatibilidades desaparecerán definitivamente.
- Controladores NVIDIA: outra das novidades serán os novos drivers para tarxetas gráficas de NVIDIA que destacarán polo soporte de VDPAU e sobre todo CUDA, aínda que xa veremos si hai aplicacións que aproveiten a computación GPGPU.
- GNOME 2.28 / GNOME 3.0: a nova versión estable de GNOME será protagonista en Ubuntu, desde logo -mención á parte merece KDE 4, que será igualmente a estrela de Kubuntu-, pero é que ademais teremos a posibilidade de instalar versións preliminares do futuro GNOME 3.0.
- PackageKit: o soporte deste sistema de xestión de paquetes permitirá máis facilidades fronte ao actual Update Manager + PolicyKit, como xa se viu noutras distros.
- Empathy: probablemente o máis controvertido dos cambios de Ubuntu ao substituír ao venerado Pidgin. Este cliente de mensaxería instantánea e de videoconferencia ten un gran futuro por diante, pero terá que demostralo en Ubuntu 9.10.
Lembramos que poderemos descargar o RC desde a seguinte ligazón:
http://www.ubuntu.com/getubuntu/releasenotes/910overview
Así mesmo, poderemos solicitar o CD da versión final a través de Shipit:
https://shipit.ubuntu.com/




Comentarios recentes
hai 9 semanas 18 horas
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 9 semanas 6 días
hai 10 semanas 9 horas
hai 10 semanas 5 días
hai 11 semanas 17 horas
hai 13 semanas 3 días