Igual co comentado en AGNIX.org polo amigo eniac referido ao terremoto de Haití, agora Chile volve a empregar Sw Libre para controlar o desastre causado polo seu aínda maior tremor.
Chile usa Sw Libre no seu desastre
Corea do Norte xa ten a súa propia distribución Linux
O sistema operativo Rede Star pode considerarse estable,a súa posta en marcha é sinxela e a súa instalación leva ao redor de 15 minutos de tempo,cun único idioma como alternativa:o coreano.A interfaz desktop aseméllase a Windows e parece estar baseada nunha recente versión da contorna K Desktop Environment.O navegador está baseado no browser Firefox de Mozilla... ur1.ca/okgy ur1.ca/obpq
O programa PADRE será multiplataforma
Segundo parece na próxima declaración da renda poderemos usar o programa PADRE en calquera tipo de ordenador
Klavaro: aprende mecanografía en GNU/Linux
Existen programas educativos do máis interesantes en GNU/Linux, o último descubrimiento é Klavaro, una aplicación para aprender mecanografía que ademais é perfecto para medir o rápido que escribes ainda non o fagas da forma “correcta” (mecanográficamente falando).
A universidade aposta polo software libre
A universidade española decidiu "fomentar o uso do software libre" para non depender de grandes empresas de informática no desenvolvemento de aplicacións específicas, tanto para a escola de xestión para promover a comunicación dentro da comunidade universitaria.
Esta é unha das conclusións aprobadas na reunión da Comisión sectorial de Tecnoloxía da Información e Comunicación (TIC) da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), que foi realizada na Escola de Estudos EmpresariaisBilbao.
Estampando a data em imagens com apenas um clique no KDE4
O amigo Alessandro Faria ('Cabelo') envía este apunte:
"Disponibilizo esta pequena e modesta dica que proporciona o recurso de estampar da data da foto com apenas um clique. Vale a pena mencionar que a data é extraida com o recurso e EXIF (Exchangeable Image File Format). Sendo assim, se a imagem sofrer um recorte e salva com outro nome em disco, a data original permanecerá inalterada".
Ubuntu One Music Store
O próximo Ubuntu 10.04 "Lucid Lynx" incluirá por primeira vez Ubuntu One Music Store, un novo proxecto integrado no reproductor musical Rhythmbox de GNOME que permitirá comprar música on-line.
Continua lendo a nova en vivalinux.
Novo kernel Linux 2.6.33 com aceleração 3D livre para cartas Nvidia
Vem de sair a versão estável do novo kernel Linux 2.6.33. Entre as características mais salientáveis está a inclusão do piloto livre Nouveau que, ao contrário do nv, permite obter aceleração 3D nas cartas gráficas Nvidia sem necessidade de instalar os pilotos proprietários. Aliás, o novo kernel também oferece soporte para as populares consolas Nintendo Wii e Gamecube.
Apache Sw Foundation cumpre 15 anos
A fundación Apache está de aniversario, concretamente cumpre 15 anos. Así que dende agnix.org enviasmolle os nosos parabens pola grande labor que realiza.
E por certo o producto que deu orixe a dita fundación foi o servidor web que leva o mesmo nome Apache, o cal sigue reinando con autoridade por encima de todos os seus rivais.
Twitter 'aposta' polo Open Source
Se entramos en h-online.com encontramos unha nova que reza "Twitter opens open source page" que traducido é "Twuitter abre páxina de código aberto" en dita web, indica que Twitter 'esta construido' sobre código aberto, e lista unha serie de proxectos que dito micro-blogging lanzou para colaborar co movemento Open Source,os proxectos estan escritos en Java, Ruby, Scala, C/C++.




Comentarios recentes
hai 1 día 18 horas
hai 1 semana 4 días
hai 5 semanas 1 día
hai 5 semanas 4 días
hai 5 semanas 4 días
hai 5 semanas 4 días
hai 7 semanas 1 día
hai 7 semanas 2 días
hai 7 semanas 3 días
hai 7 semanas 3 días